| |
Galiña que tanto vales
metereite nun convento
Para que cregos e frades
estean todos contentos
Xa me dan pola cabeza
As rendas dunha marquesa
Ainda non estou contenta
Pito fora e galo dentro
Xa me dan polo pescozo
Un cabalo co seu mozo
Ainda non estou contenta
Pito fora e galo dentro
Xa me daban polas prumas
Cinco papeles de agullas
Ainda non estou contenta
Pito fora e galo dentro
Xa me daban polas patas
Catro cargas de patacas
Ainda non estou contenta
Pito fora e galo dentro
Para que cregos e frades
estean todos contentos
Todos xuntos cantaremos
Pito fora e galo dentro |
Pandereta pandereta
Aquí tienes de rompere
i a la puerta de mi amante
Todo podrá sucedere
Ai lalalá ai lalala ai lalalalalalala
Fuche contar mal de minhe
Mal de min ós meus amores
Vai de conta que botache
Auga por riba de frores
Ai lalalá…..
Para Paredes cantando
Prenda de mi corazonhe
Para Paredes cantando
Para outro lado nonhe
Ai lalalá…..
I aquí mozas i aquí todas
Arredor do meu sombreiro
Eivos de casar a todas
I háme sobra-lo dinero
Ai lalalá…..
Non che podo non che podo
Non che podo anque queira
Non quero tira-la rosa
Sen bulir coa roseira |