Ghaita Depedra comeza a sua andadura “oficial” un 11 de setembro de 2001, cando Oscar Iglesias propón a Jose Varela, Lourdes Armesto e Jose García xuntarse para tocar nun festival benéfico algunhas pezas, entre as que estaban algunhas versions de temas tradicionais e outras de Jose e de Oscar. O nome que se adopta é o de Ghaita Depedra, nome que usaban Jose e uns colegas que se xuntaban na sua casa a modo de broma (ou non tanto) facía xa uns anos. Visto que non salira mal, deciden montar un repertorio algo maos amplo e tocan no Pub Clavicémbalo de Lugo.
Mais tarde, e para outro festival, debido á ausencia de Lourdes falan con Pablo Condo coa excusa de sustituila, inda que xa estaba na mente do grupo a sua incorporación.
Mais adilante incorporanse ao grupo Iván Pérez ó acordeón e Luis Rodil á gaita e á frauta, e graban unha maqueta con Isaac Palacín, a cal non chegou a ver la luz xa que por motivos profesionais Oscar Iglesias e Jose García primeiro e Iván Pérez despois deben deixar o grupo.
Tralo paso dun par de músicos, incorporanse definitivamente á guitarra Xabi Fernández, para darenlle a forma definitiva a Ghaita Depedra

A finais do 2007, o gran Oscar Iglesias retoma a sua andadura co grupo, e xa neste ano 2008 poderemos disfrutar de novo de todo o arte que leva dentro.

Ao longo da sua traxectoria o grupo xa ten feito actuacions ademais de en Lugo, en A Coruña, Santiago, Asturias, Pais Vasco…..